jueves, 29 de abril de 2010

A PANTASMA DO CASTELO ABANDONADO

Hola eu chámome Anastasia. Tño un club chamado "Os Quitamedos", chamámonos así porque non lle temos medo a nada. Bueno, nada, nada... o que se di nada, non porque aínda non exploramos o castelo abadonado que hai na cidade, e que din que alí viveunha pantasma e nos creemos que iso é certo. Nos temos pensadoexplorala, iso si, cando desaparezaa pantasma, pero os nosos paisdin que a pamntasma non desapareceranunca. Hoxe na escola , Antonio, que éque é o rapaz que peor me cae no mundo, retounos a que non eramos capacesde pasar unha fin de semana no castelo abandonado e eu díxenlle que si que eramos capaces, pero non estabamos seguros de que iso era verdade, porque eu, que son a líder, son moi rápida contestando e non penso moi ben as cousase creo que a chafei. Pregunteillo aos meus pais, e eles dixéronme que xa o pensarian, que iso significa que o máis probable é que non. Comenteillo aos meus compañeiros e eles dixéronme que si que os deixaban ir. Eu prometinlles que ía a estudiar moito para aprobar e que me deixasen ir, pero iso non sei se o vou poder facer, porque para min estudiar é moi di fícil xa que me distraio moito. Eu intentei estudiar, pero non puiden, pero inda así aprobei todas e puiden ir ao castelo abandonado. O vernes pola tarde reunímonos o club "Quitamedos" e eu levei unha cámara para que se puidera demostrar que nos estivéramos alí, para que non pensaran que non pasáramos alí a fin de samana. Cando entramos alí montamos as tendas de campaña, para poderdurmir. Alfredo , que era un dos do meu club, tiña moito medo polo conto do pantasme deste castelo. Eu díxenlle que se calmara que iso só era un conto para asustarnos. Esa noita durmimos bastante ben, pero tíñamos un pouco de medo. A mañá seguinte Paulo, que era outro dos do meu club, viu como algo se movía, e a todos nos entrou un pouco de medo, pero inda así ddecidimos quedar alí xogando as cartas, pero de repente vimos unha cousa blanca moverse, pero pensamos que eran imaxinacións nosas, aínda que eu sabía que era unha pantasma, pero non lles dixen nada, porque sabía que se llo decía ían saír de alícorrendo. Cando foi hora de comercomemos e despois botamos a sesta, pero nese momento no que nos durmíamos ocorreu algo moi estraño, un prato desaparecera. Eu díxenlles que seguramenta fora un rato, pero en realidade fora a pantasma.Cando todos xa se foran a durmir, eu quedei esperta para falar ca pantasma e dicirlle porque nos estaba molestando. Pois foi esa noite cando falei ca pantasma, e así foi a nosa conversación:
-Pantasma, que queres de nos?
- En primeiro lugar eu chámome Amelia, e en segundo lugar, esta é a miña casa!!!!!!- díxome ela, perdón, Amelia.
-Bueno, xa sei que sta é a túa casa, pero... non nos podías deixar de asustar??- pregunteille eu.
Si, pero a min gústame asustarvos- contestoume ela.
-Por unha fin de semana podías parar de asustarnos, por favor- pedínlle eu.
- Non quero.
-Por favoor.
-Bueno vale por esta vez non vos asustarei- contestoume Amelia.
E así foi como saímos dalí. Antonio tragouse as súas palabras e tamén o impresionei. Tamén intentou pasar alía a fin de semana seguinte, pero ao primeiro día escapou dalí correndo. E eu rinme moito "ji, ji, ji".



FIN

jueves, 22 de abril de 2010

REFRANS EN GALEGO SOBRE A VELLEZ

A vellez non ten cura
e a mocidade pouco dura.

Quen non tivo cariño da avoa
non sabe o que é a cousa boa.

Criada por avoa, nunca é boa.

Deixemos os avós e sexamos nós bos.

Neno criado por avó, nunca é bo.


O que non sabe dos mimos do avó, non sabe o que é bo.