domingo, 2 de mayo de 2010

O MEU TESOURO VIVO

O meu tesouro vivo é miña nai. Ela foi quen me ensinou a falar galego dende un principio. Ainda que meu pai falara castelán ela sempre galego. Entre ela e as súas irmánsaprendéronme o que sei. Agora ensínanme ne escola, pero antes só me ensinaba ela. Agora non me acordo de cando era pequena, pero sei que se ela non me ensinaragalego agora tería moitas dificultades para aprendelo e para entenderme cos demais que falan galego. Na escola só temos unha hora qo día de galego, pero na miña casaé practicamente todo o día, así é como se aprende máis. E por iso aprecio tanto o galego, aínda que se fale enmoi poucos sitios do mundo. Pero penso que é moi importante para nos entendelo e sabelo falar.




FIN

1 comentario: