Ola eu chámome Rosa e son un converse de cor rosa. Eu son o converse de Montse. Estou desexando marchar desta casa, porque os pés de Montse son moi borde. Estou pensando en marchar hoxe mesmo pola ventá que deixaron aberta, para que ventile a habitación. De feito vou saltar agora mesmo por ela e chegarei a rúa. UNHA, DÚAS, TRES!!!! SALTO!!! AAAAHH!!
Bueno pois o golpe non foi tan forte. Anda mira, hai moitos converses por ai soltos, e sen dono ou dona. Por ai pasa un converse negro moi guapo, que ten os cordóns negros con carabelas brancas, Vou falar con el.
-Ola, eu chámome Rosa, e ti?
- Ola, eu chámome Negro, e como ves son un converse de cor negro.
- Eu son de cor rosa e cos cordóns brancos. E acabo de escapar da casa da miña dona Montse, Sabes onde ai algún local de alugueiro?
- Non, e que eu acabo de irme da casa do meu dono Nacho.
- Que che parece se buscamos locais xuntos?
- Bueno, vale.
Así foi como coñecín a Negro e comezamos a camiñar. E eu pregunteille:
- Oe, e ti por que escapaches da túa casa?
- Non sei, é que Nacho fai tempo que non me utiliza, e pensei que xa se olvidara de min, e ti?
- Eu escapei porque os pés de Montse son moi bordes e como hoxe non me utilizou, e deixou a venta aberta aproveitei a ocasión e saltei.
- E non te fixeches dano?
- non, non me manquei moito, só me ferín no lateral un pouquiño.
ANDA!! Mira ese cartel- berrei eu
BAILE DE CONVERSES!
CONCURSO DE BAILE:
SE GAÑAS LEVAS UN
PREMIO DE: 100EUROS!!!
- Concursamos?- pregunteille eu
- Pois vale!
- Que hora é?
- Son as oito en punto.
-Pois vamos indo para inscribirnos.
Así foi como participamos, gañamos os cen euros, namoreime del. Fixémonos mozos e bicoume. Pasámolo súper-mega-hiper-xenial.
(Isto debeu de ser cousa de cupido, que nos lanzou unha das súas frechas. Ja, ja, ja!!)