sábado, 5 de junio de 2010

QUERO UN CAN!!!!

Ola eu chámome Raquel e teño dez anos. A semana pasada foi o meu aniversario e tiven moitos regalos, pero non o que eu máis quero neste mundo... un can. Todas as miñas amigas teñen un fermoso cadeliño, pero eu non. Pedínllelo aos meus pais, pero como eles son uns amarrados e uns aforradores non me queren comprar nada, e poñen a escusa de :

- Non che compramos nada, porque ti es unha irresponsable e non o coidarías, xa viches o que pasou co loro.

Pero claro o que pasou co loro foi que meu irmá pequeno soltouno para xogar e o loro escapou, pero sempre me votan as culpas a min. En fin, o que pasaba era que non querían ter ningún animal máis na casa. Nin sequera se o can estivera abandonado, veredes e que eu un día atopeime un can no camiño e me seguiu ata a casa, ao chegaremos, mamá, botoume a bronca e llo tivemos que agasallar a Carla, a miña mellor amiga.Pois claro, eu quedeime sen canciño ao que coidar e mimar.

Chegados ao día de hoxe... !QUERO UN CAN! Xa sei que é un pouco esaxerado, pero e que é o que máis quero no mundo mundial. Eu teño ideado un plan para conseguir un can. Pois o que penso facer é o seguinte:

1º Facer que a cadela da mellor amiga da miña nai quede preñada.

2º Esperar nove meses.

3º Convencela para que nos agasalle un.

4º Como miña nai non lle pode dicir que non a súa mellor amiga, ter por fin un can.

A que é bo o plan , eh? Bueno, como está aquí a mellor amiga da miña nai voulle pedir se podo sacar a súa cadela de paseo.

- Ola Isabel, podo sacar a pasear a Perla?

- Ai ola, claro que si toma.

Ala agora de paseo polo parque, que é donde ai máis cans. Acabo de chegar ao parque e ai mil e un cans arredor nosa. Creo que xa está o meu primeiro paso, agora so falta esperar nove meses.

PASADOS NOVE MESES...

Anda mira xa pasaron nove meses e a cadeliña de Isabel ten que estar a punto de ter os seus bebés. Só ai que esperar a que chame por teléfono para que vaiamos a ver os cadeliños.

UNHA SEMANA DESPOIS...

RING..., RING..., RING...

-Si, diga.

-Ola Susana, (que é a miña nai) mira, e que me pariu a cadela e me preguntaba se queriades vir velos.

- Oh,claro que si, como non, agora imos pra aló.

-Raquel, filla imos ver os canciños da cadela de Isabel, Perla.

- Beeeeeeen!- berrei eu con cara de sorpresa.

Cando chegamos alí Isabel regaloume un dos cadeliños, ao que lle chamei Boby.

No hay comentarios:

Publicar un comentario