Ola eu chámome Lidia e vouvos contar unha historia moi graciosa que me pasou a uns amigos e mais a min nunha excursión a un museo...., ja! ja! ja! Ui perdón e que cando o recordo dáme a risa. Crédemo é moi gracioso. Bueno deixémonos de leria e empecemos a contar dende o principio. Pois..., todo empezou aquela maña na que nos fomos de excursión a o Museo da Sabana, alí había un montón de cousas da sabana...., pero o que máis nos chamou a atención foi unha caixa que puña “O BOCEXO DO PUMA”, nos quedamos abraiados con esa caixa e queriamos saber o que contiña, pero..., os encargados dixeron que non valía a pena e que iso era unha parvada do fundador e que nos fixaramos noutras cousas mellores. Nos non queriamos fixarnos noutras cousas nos queriamos saber o que había alí. Os meus compañeiros e máis eu decidimos quedar alí para aberiguar o que había naquela caixa. E así foi quedamos alí mentres os outros compañeiros e as profesoras ían ver máis exposicións. Do que non nos demos conta foi de que alí había gardas de seguridade. Pero todas a todas tíñamos que conseguir abrir esa caixa, nese momento Roky tivo unha idea, era que nos distraeramos a os gardas e el abriría a caixa,pero..., non nos puxemos dacordo,por que todos queriamos abrir a caixa e ver o que había dentro. Ao final decidimos que Gonzalo distraia a os gardas cunha trasnada, elixímolo a el porque xa estaba castigado unha sema, e que escapara correndo para que o perseguisen todos os gardas. E así foi como conseguimos abrir aquela caixa. E... a que non sabedes o que había dentro! Ja!, ja!, ja! Ui perdón xa me volveu a risa. NADA na caixa non había nada só era cousa de imaxinación.
A que é gracioso e...., Ja!, ja!, ja!
No hay comentarios:
Publicar un comentario