Ola eu chámome Karina. Eu son un pouco rara, si, si, rara. Bueno vouvos contar por que. Pois a cuestión é que teño unha mascota moi rara. Si, si, rara rara. Veredes e que é unha araña. E púxenlle o nome de Atómica. Púxenlle ese nome porque cando a atopei estaba comendo !dúas moscas! Por iso se me ocurriu chamarlle Atómica . Bueno a o que íamos, a miña araña viviu moitas aventuras, a parte da das moscas. Se queredes cóntovos algunhas delas. Bueno de todos modos vouvos contar. Unha delas foi un día despois de atopala, cando a metín no terrario. Pois ela alí non se sentía moi cómoda que digamos, o problema era que estaba acostumada a vivir no bosque. Pois ben, ela andaba dun lado para outro, pero non atopaba por onde saír. Todo o ocorrido ocurriu aquela noite. Pois ela atopara por onde saír e, por suposto, saíu. A mañá seguinte, eu, estaba moi preocupada, pensando que podía saír pola ventá. Aquel día tocaba limpeza xeral. Estabamos todos tranquilamente cando de repente...
- AAAAAAH!!! Aquí hai unha araña!!!!!
Eu fun correndo para ver se era Atómica, e así foi, era Atómica. Esta aventura foi unha das máis perigosas que vivimos, xa que por pouco a miña nai a Pisa.
Agora vouvos contar a última aventura que sufriu. Pois ben, o que pasou foi que a miña araña encantáballe comer. E o que máis lle gustaba era o chocolate, e claro, ao comer chocolate púñase moi nerviosa. Un día, como quería comer, escapou do terrario e atopou o chocolate que había enrriba da mesa. Cando a miña nai se deu de conta, por pouco nos mata ás dúas. Bueno e despois destas historias xa non teño nada máis que contarvos, así que nos vemos cando teña máis historias que contarvos.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario