Ola eu chámome Bárbara. Pero todos os meus compañeiros me chaman Barby. O outro día pasoume algo moi estraño. Pois veredes, e que eu vivo nun pobo moi pequeno. O outro día viu o coronel ao noso pobo porque houbo un problema, que non volo vou a contar, entón todos o fomos a ver e algúns a pedirlles autógrafos. Ata aí todo foi perfectamente, pero todo o malo empezou cando o coronel volveu a súa cidade natal. Pois cando chegou alí deuse conta de que lle faltaba o seu abrigo. Resulta que lle votou a culpa aos dependentes do hotel onde se hospedou. Pero en realidade os dependentes non foran, porque neses días non encontraran nada perdido. O máis curioso fora que a miña nai me regalara unha chaqueta que atopara no centro tirada e pisada, pero ela ma había lavado.Eu pensaba que ma comprara, pero non era así. Eu presumía da miña chaqueta nova cando de súpeto un garda costas me agarrou pola man e me levou a unha limusina. Da limusina pasamos a un helicóptero. Eu preguntaba que facía alí, pero nadie me contestaba. Cando aterramos dinme conta de q estabamos en Florida, a cidade natal do coronel. Logo collemos outra limusina con cristais blindados. Dalí a unha hora a limusina parou diante dunha mansión enorme de catro ou cinco pisos. Os garda costas conducíronme ata o grande portalón que había diante da mansión. Tocaron ao timbre e dixeron algo así:
- “Tenemos a la ladrona”
- Eu non entendía nada, xa que eu non roubara nada. Nese mesmo momento abriron o portalón e obrigáronme a entrar. Cando chegamos a porta da mansión vin que o coronel me estaba agardando na entrada.
-Buenos días señora.
- Bos días, e chámeme Barby.
- Muy bien señora Barby, me quiere devolver mi abrigo por favor.
-Como que o seu abrigo?!, este abrigo atopouno miña nai tirado no centro e deumo.
- Muy bien como usted quiera, pero ese es mi abrigo, me lo devuelve si es usted tan amable.
- Home se con iso consigo saír de aquí e que me leven para a miña casa, pois toma.
-Muchas gracias ahora mis guardias le llevaran otra vez a su hogar, que tenga usted un buen día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario