Había unha vez un macaco que se chamaba Rodolfo. Rodolfo tiña unha cousa peculiar o que pasaba e que non tiña rabo. O día do seu quinto cumpreanos Rodolfo deuse conta de que el non podía colgarse nas árbores como os seus amigos, intentouno, pero caeu ao chan. Ao día seguinte preguntoulle a nai:
-Mama por que eu non podo columpiarme nas árbores como os meus compañeiros?
-Cariño e que ti non tes rabo- contestoulle a nai.
-E por que non teño rabo?
-Non o sei, os humanos leváronte a un sitio e cortároncho, pero non sei por que- comentoulle a nai.
-Pois penso averigualo- díxolle o macaco.
Ao día seguinte o macaco comentoullo aos seus amigos para ver se lle axudaba e eles dixéronlle que si. Así comezou a aventura do noso amigo. Según o noso macaco primeiro tiñan que lograr escapar daquela inmensa xaula. Cando lles viñeron a dar de comer Rodolfo e a súa pandilla chamada os macacos da xungla, escaparon, por que o persoal do zoo habían deixado a porta da xaula aberta. Todos os oficiais correron detrás dos macacos da xungla, pero non lles valeu de nada. Os macacos habían conseguido o seu primeiro obxectivo: escapar da xaula. Despois dun bo rato correndo dixo Rodolfo:
- Agora só temos que chegar a onde levan os bebés recentemente nacidos.
- Si, pero... como chegamos ata alí?- preguntou un dos amigos.
-Aínda non o sei pero xa o descubriremos- contestou o macaco.
Os macacos intentaron coarse no despacho do dono do zoo, pero non puideron porque por, pouco os collen. Tamén tiñan moita fame, pero como non sabían o que facer recurriron a roubar comida,a xente que visitaba o zoo.Os amigos intentaban descubrir aber que animal estaba preñado. Pero tiveron a mala sorte de que ningún animal estaba preñado, entón dixo o noso macaco:
- XA ningún animal está preñado tendremos que recorrer ao plan B “FACERNOS PASAR POR BEBÉS”
.como facemos iso?- preguntou un dos macacos.
- Non o sei pero xa o aberiguaremos.
Os macacos pensaron, pensaron e pensaron pero tomaron a conclusión de que xa eran “moi maiores” para facerse pasar por bebés. Ao día seguinte Rodolfo díxolle ao señor hipopótamo:
- Señor hipopótamo, mirou vostede o fermosa que esta hoxe a señora hipopótamo.
- Si,pero a que ven iso agora?- preguntoulle o señor hipopótamo.
- É que ... non lle gustaría ter un bebé con ela?- díxolle Rodolfo con esas intencións.
- Non pequecho, non eu xa son moi velliño para ter máis fillos.
- Ooooh, que pena.
Entón foi a xunta o señor babuíno e díxolle:
- Viu vostede que guapa está hoxe a señora Babuíno?
- Si, e que a miña muller sempre foi moi fermosa.
- E... non lle apetece ter un fillo máis con ela- preguntou de novo Rodolfo.
- A min si que me gustaría, pero xa son demasiado vello para eses trotes meu fillo.
- Ooooh, que pena.
E así lle foi preguntando todos os animais: as xirafas, aos tigres, aos leóns, aos canguros, aos pingüíns, aos guepardos,etc.
Ata chegar as cebras a quen lle preguntou:
-Señorito Cebra,mírache que mona está hoxe a señorita Cebra?
-Si, ela sempre foi moi, moi fermosa.
-E... non lle apetecería ter un fillo, o teu primeiro fillo con ela.
-Si preguntareillo a ela mesma.
-Ben!!!!-dixo o macaco para el.
E así foi ao cabo de nove meses naceu unha pequena cebriña. Os macacos seguiron a señorita que levaba a pequeniña nos brazos, pero ela deuse conta e entón colleunos en brazos e dixo:
-Anda!! Se este é o macaco ao que lle cortamos o rabo por ser tan bonito e educado.Vouno levar a el e a os outros para a súa xaula.
Ao chegar a xaula o pequeno macaco contoullo todo a súa nai, e esta meteulle o castigo da súa vida.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario