Unha casiña pequena no medio do bosque. Na cociña unha nena coa súa nai
NAI: carapuchiña!!, lévalle estes chinchos a túa avoíña que está enfermiña.
CARAPUCHIÑA: bueno..., vale..., pero tesme que dar diñeiro para ir de compras con Mercediñas.
NAI: bueno..., vale..., pero tes que ir agora mesmo.
CARAPUCHIÑA: pois vale.
NAI: pero ten moito coidado co lobo.
CARAPUCHIÑA: tranquila mamá..., que non me vai pasar nada!!!
Un bosque con moitas árbores e flores. No centro camiñando carapuchiña. De súpeto aparece un lobo con chupa, gafas de sol e montado nunha moto de marca Vespa.
LOBO: ola bonita, apeteceríache vir a tomar unha copa comigo?
CARAPUCHIÑA:non que lle teño que levar estes chinchos a miña avoa.
LOBO: e iso que máis da déixaos por ai e marchamos.
CARAPUCHIÑA: déixame en paz e vaite!
Carapuchiña segue camiñando e desaparece do escenario.
LOBO: (dirixíndose ao público) Terei que buscar a súa avoa e escondela, así non terá escusa para vir comigo. E como eu vou en moto está claro que chegarei antes que ela.
Unha casiña antiga feita de pedra, con moitas fotografías ao seu redor.
Na cama unha avoíña. De súpeto petan a porta.
AVOA: quen é?
LOBO: (con voz aguda) son eu carapuchiña.
AVOA: (cun pao na man e levantada da cama) pasa, pasa.
Cando entra o lobo a avoa persígueo ata fora do escenario.
Despois duns intres entra un cazador e déitase na cama
De súpeto entra carapuchiña pola porta.
CARAPUCHIÑA: mira avoíña!!! Tráioche estes chinchos
CAZADOR: (sobresaltado) ai!! Ola carapuchiña, déixaos ai na mesa e podes irte.
CARAPUCHIÑA: (estrañada) Avoíña, por que tes bigote?
CAZADOR: e que esta semana non me afeitei.
CARAPUCHIÑA: (estrañada e sobresaltada) ti non es a avoíña!! Ti es o cazador!!
CAZADOR: si, síntoo, pero e que estaba moi cansado.
CARAPUCHIÑA: donde está a miña avoíña?
De súpeto entra a avoíña pola porta moi fatigada.
AVOA:que fas aquí carapuchiña?
CARAPUCHIÑA: vinche a traer estes chinchos avoa.
AVOA: Moitas gracias. Veña!! Xa que estades aquí invítovos a comer estes chinchos a ti e máis ao cazador.
Así foi como quedaron os tres dándose unha pancada de chinchos.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario