sábado, 5 de junio de 2010

A NENA QUE NON SABIA O QUE É A PAZ

Ola, eu chámome Aisha, e vouvos contar a historia de como lle aprendín a África o significado da palabra PAZ.Todo empezou aquel vinte e nove de xaneiro. Ese mesmo día chegou unha nova nena a nosa clase. Esa nena chamábase África. África, como ven di o seu nome, viña de África. O primeiro día que estivo alí todos querían ser os seus amigos. Pero todo cambiou ao día seguinte, que era o día anterior ao día da paz. A nosa profesora mandáranos facer un debuxo relacionado co día da paz. África levantou a man e preguntou:

- Que significa paz?

Todos comezamos a rir e a dicir que era unha ignorante. De alí a un pouco a profesora díxolle:

- Que nena tan ignorante, mira que non saber o significado de paz. Búscao no diccionario.

- É que..., non sei buscar nun diccionario.

Todos volvemos a rir como tolos, pensabamos que era una ignorante ao non saber buscar nun diccionario. Ao acabar a clase todos nos riamos dela e chamabámoslle ignorante, porque non sabíamos que en África non tiñan nin profesores nin diccionarios, pero aínda menos que non tiñan día da paz. Ao día seguinte no patio África sentábase nun banco a escoitar as burlas de todos os alumnos daquela institución. Cando soaba o timbre de saída África preparábase para oír todas as burlas, intentando non romper a chorar, pero era case imposible. Pasaron os días e co tempo funme dando conta dos problemas de África (o continente) gracia a televisión, e xa non me metía máis con África. Eu intentei amosarlle aos meus compañeiros a situación na que se atopaba África ( o continente), pero era inútil porque non me escoitaban. Ao día seguinte decidín pasarlle unha notiña a África na que dicía:

eu sei ben polo que estas a pasar

se queres que che axude ven

a miña casa pola tarde e axudareiche.

Aisha

Ese mesmo día África acudiu a miña casa para que a axudase. E así foi. Expliqueille o que significaba paz, e pasámolo de medo facendo pombas,corazóns... E así foi como xa non se riron máis dela e se converteu na miña mellor amiga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario