sábado, 5 de junio de 2010

O CLUB DA CALCETA

Había unha vez catro nenas, unha chamabase Lirio, outra Sabela, outra María e outra Laura. As catro nenas formaban un club: “O Club da Calceta”. Nese club o que facían era calcetar. Un día pola tarde quedaron para calcetar, e María chegara media hora tarde e entón díxolle Laura, que era a xefa:

- Por que chégache tan tarde?

- E que tiven que ir ao médico- contestou María.

- Ah, bueno - contestoulle Laura.

- E... a que ven iso? – preguntoulle María toda estrañada

- E que se fora porque non te deches conta, expulsaríate do “Club da Calceta”.

- Iso se estiveramos todas de acordo – díxolle Lirio medio molesta.

- Bueno si pero conta máis o meu voto que o voso- comentou Laura moi fachendosa.

-Aquí conta o voto de todos por igual! Que o saibas- dixo Sabela enfadade.

- Iso, e se non che gusta marchamos deste club – respondeu María moi, moi enfadada.

- Po... po... pois marchade – dixo Laura case chorando.

As tres amigas saíron chorando do recinto. Laura había quedado chorando naquel recinto, sentíase moi mal despois de haberlle dito iso as súas amigas. Al día siguiente María, Lirio e Sabela andaban xuntas, pero tristes polo que había pasado o día anterior. Laura andaba sola, tamén estaba triste, pero cando pasaba por diante das outras tres amigas facíase a feliz e a orgullosa sen elas. Sabela tivo que ir a casa de Laura a buscar a súas cousas de calcetar, cando Laura lle abriu a porta estaba e chorando Sabela preguntoulle:

- Que che pasa?

- Nada non te preocupes,pero a que viñas?- preguntoulle Laura con aires fachendosos.

- Eu viña a buscar os meus utensilios de calcetar – contestoulle Sabela.

- A si, toma aquí os tes.

- Bueno pois chao – despediuse Sabela .

- Chao – contestoulle Laura.

Sabela volveu coas súas amigas para iren a calcetar. Todas as amigas menos Laura pasárono xenial.

A nai de Laura estaba moi preocupada polo triste que estaba e díxolle:

- cariño, porque non probas a pedirlles desculpas?

- Vale.. intentareino – contestoulle Laura.

Ao día seguinte Laura pediulle desculpas as súas compañeiras, todas as aceptaron e prometeron non volver a pelexarse nunca máis. Así cada tarde as nenas vólvense a xuntar para calcetar e volveron a formar “O Club da Calceta”.

FIN

No hay comentarios:

Publicar un comentario