jueves, 10 de junio de 2010

O CONVERSE NEGRO QUE SE NAMORA DO CONVERSE ROSA

Ola eu chámome Rosa e son un converse de cor rosa. Eu son o converse de Montse. Estou desexando marchar desta casa, porque os pés de Montse son moi borde. Estou pensando en marchar hoxe mesmo pola ventá que deixaron aberta, para que ventile a habitación. De feito vou saltar agora mesmo por ela e chegarei a rúa. UNHA, DÚAS, TRES!!!! SALTO!!! AAAAHH!!

Bueno pois o golpe non foi tan forte. Anda mira, hai moitos converses por ai soltos, e sen dono ou dona. Por ai pasa un converse negro moi guapo, que ten os cordóns negros con carabelas brancas, Vou falar con el.

-Ola, eu chámome Rosa, e ti?

- Ola, eu chámome Negro, e como ves son un converse de cor negro.

- Eu son de cor rosa e cos cordóns brancos. E acabo de escapar da casa da miña dona Montse, Sabes onde ai algún local de alugueiro?

- Non, e que eu acabo de irme da casa do meu dono Nacho.

- Que che parece se buscamos locais xuntos?

- Bueno, vale.

Así foi como coñecín a Negro e comezamos a camiñar. E eu pregunteille:

- Oe, e ti por que escapaches da túa casa?

- Non sei, é que Nacho fai tempo que non me utiliza, e pensei que xa se olvidara de min, e ti?

- Eu escapei porque os pés de Montse son moi bordes e como hoxe non me utilizou, e deixou a venta aberta aproveitei a ocasión e saltei.

- E non te fixeches dano?

- non, non me manquei moito, só me ferín no lateral un pouquiño.

ANDA!! Mira ese cartel- berrei eu


BAILE DE CONVERSES!

CONCURSO DE BAILE:

SE GAÑAS LEVAS UN

PREMIO DE: 100EUROS!!!


- Concursamos?- pregunteille eu

- Pois vale!

- Que hora é?

- Son as oito en punto.

-Pois vamos indo para inscribirnos.

Así foi como participamos, gañamos os cen euros, namoreime del. Fixémonos mozos e bicoume. Pasámolo súper-mega-hiper-xenial.

(Isto debeu de ser cousa de cupido, que nos lanzou unha das súas frechas. Ja, ja, ja!!)

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Unha casiña pequena no medio do bosque. Na cociña unha nena coa súa nai


NAI: carapuchiña!!, lévalle estes chinchos a túa avoíña que está enfermiña.

CARAPUCHIÑA: bueno..., vale..., pero tesme que dar diñeiro para ir de compras con Mercediñas.

NAI: bueno..., vale..., pero tes que ir agora mesmo.

CARAPUCHIÑA: pois vale.

NAI: pero ten moito coidado co lobo.

CARAPUCHIÑA: tranquila mamá..., que non me vai pasar nada!!!


Un bosque con moitas árbores e flores. No centro camiñando carapuchiña. De súpeto aparece un lobo con chupa, gafas de sol e montado nunha moto de marca Vespa.


LOBO: ola bonita, apeteceríache vir a tomar unha copa comigo?

CARAPUCHIÑA:non que lle teño que levar estes chinchos a miña avoa.

LOBO: e iso que máis da déixaos por ai e marchamos.

CARAPUCHIÑA: déixame en paz e vaite!


Carapuchiña segue camiñando e desaparece do escenario.


LOBO: (dirixíndose ao público) Terei que buscar a súa avoa e escondela, así non terá escusa para vir comigo. E como eu vou en moto está claro que chegarei antes que ela.


Unha casiña antiga feita de pedra, con moitas fotografías ao seu redor.

Na cama unha avoíña. De súpeto petan a porta.


AVOA: quen é?

LOBO: (con voz aguda) son eu carapuchiña.

AVOA: (cun pao na man e levantada da cama) pasa, pasa.


Cando entra o lobo a avoa persígueo ata fora do escenario.

Despois duns intres entra un cazador e déitase na cama

De súpeto entra carapuchiña pola porta.


CARAPUCHIÑA: mira avoíña!!! Tráioche estes chinchos

CAZADOR: (sobresaltado) ai!! Ola carapuchiña, déixaos ai na mesa e podes irte.

CARAPUCHIÑA: (estrañada) Avoíña, por que tes bigote?

CAZADOR: e que esta semana non me afeitei.

CARAPUCHIÑA: (estrañada e sobresaltada) ti non es a avoíña!! Ti es o cazador!!

CAZADOR: si, síntoo, pero e que estaba moi cansado.

CARAPUCHIÑA: donde está a miña avoíña?


De súpeto entra a avoíña pola porta moi fatigada.


AVOA:que fas aquí carapuchiña?

CARAPUCHIÑA: vinche a traer estes chinchos avoa.

AVOA: Moitas gracias. Veña!! Xa que estades aquí invítovos a comer estes chinchos a ti e máis ao cazador.


Así foi como quedaron os tres dándose unha pancada de chinchos.



FIN

O MISTERIO DO HOME QUE COMÍA ACEITUNAS

Todo empezou aquel sábado pola mañá, cando a Señora Anabel se deu conta do que estaba pasando. Deuse conta de que hai uns días están desaparecendo as aceitunas máis prezadas para esa familia. Veredes e que as aceitunas nesa casa son moi prezadas xa que todos os residentes desa casa encántalles as aceitunas e nadie as pode comer excepto eles,son sagradas.Bueno, a verdade é que alguén as estaba comendo, pero non era nadie da familia, xa que estaban controladas polo maiordomo Richard. Desconfiaban de que puideran haber entrado os ratos. Pero chamaron a un exterminador e non atoparon ningún rastro de ratos. Anabel decidiu chamar a un detective experto en roubos. O detective non encontraba ningunha sobre quen as había roubado, porque só atopaba as pegadas de Richard, que era o que repartía as aceitunas, así que non deu atopada a resposta. Anabel estaba moi preocupada porque tal e como lle roubaban as aceitunas podíanlle roubar outras cousas, Richard seguía afirmando que el non había visto sacar máis aceitunas das que sacaba el. Anabel comezou a sospeitar de que era Richard quen roubaba as aceitunas. Volveu a chamar ao detective para que averiguara se era Richard o que roubaba. E así foi, o que roubaba era Richard. Así que Richard acabou cobrando un paquete de aceitunas por día.



FIN

GOLPE DE ESTADO EN 1ºB

En primeiro be todos somos revolucionadores. Todos facemos moito ruído, e non lle facemos nin caso a delegada nin a subdelegada. Elas grítannos para que paremos, pero nos non lle facemos caso. Bueno, a verdade é que eu non fago moito balbordo, pero hai tres ou catro que si fan moito balbordo. Fano todos os días, e cada día peor. A delegada, Nahir, e a subdelegada, Antía xa non saben que facer para que nos calemos. Xúntase todos os recreos para chegar a un acordo, sobre que facer para que nos calemos dunha vez por todas. Fixeron fixeron varias cousas para que nos calaramos, por exemplo:

- Berrarnos todo o tempo para que nos calemos.

- Non facernos caso.

Pero ningunha de esas funcionou. Agora releváronse contra nos. E o que fixeron foi:

- Avisarémosvos unha vez, e se non nos facedes caso apuntámoste directamente.

E así a clase non é que funcione oi ben, pero polo menos pedímoslles permiso para todo. Espero que así vaia mellor.



FIN

AS AVENTURAS DA ARAÑA ATÓMICA

Ola eu chámome Karina. Eu son un pouco rara, si, si, rara. Bueno vouvos contar por que. Pois a cuestión é que teño unha mascota moi rara. Si, si, rara rara. Veredes e que é unha araña. E púxenlle o nome de Atómica. Púxenlle ese nome porque cando a atopei estaba comendo !dúas moscas! Por iso se me ocurriu chamarlle Atómica . Bueno a o que íamos, a miña araña viviu moitas aventuras, a parte da das moscas. Se queredes cóntovos algunhas delas. Bueno de todos modos vouvos contar. Unha delas foi un día despois de atopala, cando a metín no terrario. Pois ela alí non se sentía moi cómoda que digamos, o problema era que estaba acostumada a vivir no bosque. Pois ben, ela andaba dun lado para outro, pero non atopaba por onde saír. Todo o ocorrido ocurriu aquela noite. Pois ela atopara por onde saír e, por suposto, saíu. A mañá seguinte, eu, estaba moi preocupada, pensando que podía saír pola ventá. Aquel día tocaba limpeza xeral. Estabamos todos tranquilamente cando de repente...

- AAAAAAH!!! Aquí hai unha araña!!!!!

Eu fun correndo para ver se era Atómica, e así foi, era Atómica. Esta aventura foi unha das máis perigosas que vivimos, xa que por pouco a miña nai a Pisa.

Agora vouvos contar a última aventura que sufriu. Pois ben, o que pasou foi que a miña araña encantáballe comer. E o que máis lle gustaba era o chocolate, e claro, ao comer chocolate púñase moi nerviosa. Un día, como quería comer, escapou do terrario e atopou o chocolate que había enrriba da mesa. Cando a miña nai se deu de conta, por pouco nos mata ás dúas. Bueno e despois destas historias xa non teño nada máis que contarvos, así que nos vemos cando teña máis historias que contarvos.




FIN

martes, 8 de junio de 2010

O LOBO ROSA

Había unha vez un lobo. Ese lobo era rosa e por iso os seus compañeiros ríanse del dicíndolle:
- Mira ese lobo rosa!!!
-Nunca atopará moza!!!!
O lobo rosa andaba moi triste.
Chegou a primaveira, e con ela a época de ter moza. Aquel mesmo día chegou unha manada de lobas, e unha delass, a máisa guapa, era rosa. Todos admiraban aquela prciosidade, pero ela só se fixaba no noso lobo. Pero o noso lobo pensaba que ela nunca se fixaría nel, e ao mesmo tempo a loba pensaba que el nunca se fixaría nela. Un día o lobo máis aposto da manada achegouse a nosa loba, pero ela rechazouno. E así foi como foi rechazando un por un menos ao lobo rosa. El andaba polo bosque moi recaido. Nunca se achegaba a ela. Un día ela decidiu achegarse a el, así comezaron a falar, a falar e a falar ata que acabaron por se decidiren a ser mozos. Dende aquela os outros lobos tiveron moita moita envexa, pero tamén respeto. E nunca máis nadie se volveu meter co lobo rosa. E tamén foi o xefe da manada xunto coa súa moza.

FIN




CANCIÓN EN GALEGO

NOS CANEIROS

Ai,, Pepiño, adiós, ai Pepiño , adiós,

ai Pepiño, por Díos non te vaias;

quédate con nos quédate con nos,

non te vaias afogar na praia. (BIS)

Ai Sálvora, ai San Vicente.

Ai Sálvora, ai San Vicente.

Ai Sálvora, ai San Vicente,

as nenas bonitas hainas en Mourente.

Ai Sálvora , ai San Vicente,

as nenas bonitas hainas en Mourente.

Ai, Pepiño, adiós, ai Pepiño , adiós... (BIS)

Ai Sálvora, ai San Vicente

Ai Sálvora, adiós Mourente..

Ai Sálvora, ollos da ría,

para boas mozas en Vilagarcía.

Ai Sálvora, ollos da ría,

para boas mozas en Vilagarcía.

Ai, Pepiño, adiós, ai Pepiño , adiós... (BIS)

Ai Sálvora, vento norteiro.

Ai Sálvora, meu compañeiro,.

Ai Sálvora, vento ventiño

xa están as rapazas ne punta de Arguiño.

Ai Sálvora, vento ventiño

xa están as rapazas ne punta de Arguiño.

sábado, 5 de junio de 2010

AS ROSAS

As miñas rosas

Son moi fermosas,

Teñen aos seus mozos

moi, moi espiñosos.

Son tan larpeiras

Que ata comen leiras,

¡Tamén comen laranxeiras!

Pero non moi lixeiras.

Cando quedan moi cheas

Parecen moi, moi feas

De veñen as loitas

Cando se xuntan moitas.

E aquí acaba a historia

Con moita euforia

Para que quede na memoria

E non se faga escoria.

QUERO UN CAN!!!!

Ola eu chámome Raquel e teño dez anos. A semana pasada foi o meu aniversario e tiven moitos regalos, pero non o que eu máis quero neste mundo... un can. Todas as miñas amigas teñen un fermoso cadeliño, pero eu non. Pedínllelo aos meus pais, pero como eles son uns amarrados e uns aforradores non me queren comprar nada, e poñen a escusa de :

- Non che compramos nada, porque ti es unha irresponsable e non o coidarías, xa viches o que pasou co loro.

Pero claro o que pasou co loro foi que meu irmá pequeno soltouno para xogar e o loro escapou, pero sempre me votan as culpas a min. En fin, o que pasaba era que non querían ter ningún animal máis na casa. Nin sequera se o can estivera abandonado, veredes e que eu un día atopeime un can no camiño e me seguiu ata a casa, ao chegaremos, mamá, botoume a bronca e llo tivemos que agasallar a Carla, a miña mellor amiga.Pois claro, eu quedeime sen canciño ao que coidar e mimar.

Chegados ao día de hoxe... !QUERO UN CAN! Xa sei que é un pouco esaxerado, pero e que é o que máis quero no mundo mundial. Eu teño ideado un plan para conseguir un can. Pois o que penso facer é o seguinte:

1º Facer que a cadela da mellor amiga da miña nai quede preñada.

2º Esperar nove meses.

3º Convencela para que nos agasalle un.

4º Como miña nai non lle pode dicir que non a súa mellor amiga, ter por fin un can.

A que é bo o plan , eh? Bueno, como está aquí a mellor amiga da miña nai voulle pedir se podo sacar a súa cadela de paseo.

- Ola Isabel, podo sacar a pasear a Perla?

- Ai ola, claro que si toma.

Ala agora de paseo polo parque, que é donde ai máis cans. Acabo de chegar ao parque e ai mil e un cans arredor nosa. Creo que xa está o meu primeiro paso, agora so falta esperar nove meses.

PASADOS NOVE MESES...

Anda mira xa pasaron nove meses e a cadeliña de Isabel ten que estar a punto de ter os seus bebés. Só ai que esperar a que chame por teléfono para que vaiamos a ver os cadeliños.

UNHA SEMANA DESPOIS...

RING..., RING..., RING...

-Si, diga.

-Ola Susana, (que é a miña nai) mira, e que me pariu a cadela e me preguntaba se queriades vir velos.

- Oh,claro que si, como non, agora imos pra aló.

-Raquel, filla imos ver os canciños da cadela de Isabel, Perla.

- Beeeeeeen!- berrei eu con cara de sorpresa.

Cando chegamos alí Isabel regaloume un dos cadeliños, ao que lle chamei Boby.

A ELEGANCIA DO OURIZO

Ola eu chámome Isabel, pero podédesme chamar ourizo. Veredes, chámome ourizo por unha simple razón. Cando era pequena era moi rabuda, e pinchaba ao meu irmá coma se fora un ourizo, e xa me quedou ese pseudónimo. Cambiando de tema, a sema que ven é o baile da escola e inda teño que ir mercar os zapatos e o vestido. Eu tiña pensado en algo elegante, moi elegante, O outro día cando fun a mercar deterxente coa miña nai vin un vestido rosa precioso, pero non nos puidemos parar a mirar xa que tiñamos moita presa. Mañá creo que vamos ir compralo, pero eu xa estou moi impaciente, xa que as miñas amigas só falan do seu vestido, e de que van ser as raíñas do baile.Eu penso que sabendo como van ser os seus vestido, creo que con esa pista poderei mercar un mellor, non si?

AO DÍA SEGUINTE...

-Isabel!!!! Baixa que imos mercar o vestido!

Ai!!!! Miña nai xa me chama para ir mercar o vestido, que nervios.

- Xa vou mamá!!!!!

DESPOIS DUNHA HORA...

Xa estamos na tenda onde vin aquel vestido rosa ten bonito, e vouno mercar. Anda mira, se tamén hai uns zapatos a xogo, alá xa sei o que vou levar.

UNHA SEMÁ DESPOIS...

Só queda un minuto para que as miñas amigas me veñan a recoller para ir ao baile. DING... DONG... Xa están ai fan flipar co meu vestido.

-Ala!!! Que vestido máis chulo Isabel.

- Sí é precioso!!!!

Vedes a as miñas amigas gústalles o meu vestido.

- Gracia, bueno... imos?

AO DÍA SEGUINTE...

FINQue guay!!!, onte na festa non paraban de dicir: “encántame a elegancia do ourizo”, e inda por enriba fun a gañadora para raíña do baile.

O BOCEXO DO PUMA

Ola eu chámome Lidia e vouvos contar unha historia moi graciosa que me pasou a uns amigos e mais a min nunha excursión a un museo...., ja! ja! ja! Ui perdón e que cando o recordo dáme a risa. Crédemo é moi gracioso. Bueno deixémonos de leria e empecemos a contar dende o principio. Pois..., todo empezou aquela maña na que nos fomos de excursión a o Museo da Sabana, alí había un montón de cousas da sabana...., pero o que máis nos chamou a atención foi unha caixa que puña “O BOCEXO DO PUMA, nos quedamos abraiados con esa caixa e queriamos saber o que contiña, pero..., os encargados dixeron que non valía a pena e que iso era unha parvada do fundador e que nos fixaramos noutras cousas mellores. Nos non queriamos fixarnos noutras cousas nos queriamos saber o que había alí. Os meus compañeiros e máis eu decidimos quedar alí para aberiguar o que había naquela caixa. E así foi quedamos alí mentres os outros compañeiros e as profesoras ían ver máis exposicións. Do que non nos demos conta foi de que alí había gardas de seguridade. Pero todas a todas tíñamos que conseguir abrir esa caixa, nese momento Roky tivo unha idea, era que nos distraeramos a os gardas e el abriría a caixa,pero..., non nos puxemos dacordo,por que todos queriamos abrir a caixa e ver o que había dentro. Ao final decidimos que Gonzalo distraia a os gardas cunha trasnada, elixímolo a el porque xa estaba castigado unha sema, e que escapara correndo para que o perseguisen todos os gardas. E así foi como conseguimos abrir aquela caixa. E... a que non sabedes o que había dentro! Ja!, ja!, ja! Ui perdón xa me volveu a risa. NADA na caixa non había nada só era cousa de imaxinación.

A que é gracioso e...., Ja!, ja!, ja!

A NENA QUE NON SABIA O QUE É A PAZ

Ola, eu chámome Aisha, e vouvos contar a historia de como lle aprendín a África o significado da palabra PAZ.Todo empezou aquel vinte e nove de xaneiro. Ese mesmo día chegou unha nova nena a nosa clase. Esa nena chamábase África. África, como ven di o seu nome, viña de África. O primeiro día que estivo alí todos querían ser os seus amigos. Pero todo cambiou ao día seguinte, que era o día anterior ao día da paz. A nosa profesora mandáranos facer un debuxo relacionado co día da paz. África levantou a man e preguntou:

- Que significa paz?

Todos comezamos a rir e a dicir que era unha ignorante. De alí a un pouco a profesora díxolle:

- Que nena tan ignorante, mira que non saber o significado de paz. Búscao no diccionario.

- É que..., non sei buscar nun diccionario.

Todos volvemos a rir como tolos, pensabamos que era una ignorante ao non saber buscar nun diccionario. Ao acabar a clase todos nos riamos dela e chamabámoslle ignorante, porque non sabíamos que en África non tiñan nin profesores nin diccionarios, pero aínda menos que non tiñan día da paz. Ao día seguinte no patio África sentábase nun banco a escoitar as burlas de todos os alumnos daquela institución. Cando soaba o timbre de saída África preparábase para oír todas as burlas, intentando non romper a chorar, pero era case imposible. Pasaron os días e co tempo funme dando conta dos problemas de África (o continente) gracia a televisión, e xa non me metía máis con África. Eu intentei amosarlle aos meus compañeiros a situación na que se atopaba África ( o continente), pero era inútil porque non me escoitaban. Ao día seguinte decidín pasarlle unha notiña a África na que dicía:

eu sei ben polo que estas a pasar

se queres que che axude ven

a miña casa pola tarde e axudareiche.

Aisha

Ese mesmo día África acudiu a miña casa para que a axudase. E así foi. Expliqueille o que significaba paz, e pasámolo de medo facendo pombas,corazóns... E así foi como xa non se riron máis dela e se converteu na miña mellor amiga.

ROMEO E XULIETA

Hola eu chámome Xulieta, unha cousiña eu non son a “Xulieta” da nobela de Xespir porque eu odio a Romeo. Todas as nenas andan detras del porque dicen que é un bombon, pero eu ben sei que é unha verdura comida por un porco que como non sabia ben escupiuna. Amin non me gusta ningún rapaz e as miñas compañeiras dicenme que son rara porqeu non me gusta Romeo, aínda que tamén mo dicen porque me chamo Xulieta, eu penso que iso é unha tonteria, non sí? Bueno a que íamos... por certo a que íamos... a sí que ainda que todas as miñas compañeiras anden detras del eu seguirei odiandoo.

O outro día pola mañá Sabela díxome que eu lle gustaba a Romeo, pero eu díxenlle que daba igual e que non me interesaba. Ela díxome que era moi rara e que Romeo era un bombón e que se non o aprobeitaba queria decir que eu era unha tonta que non sabe apreciar o bo da vida. Eu enfadeime con ela por me dicir iso. Pola tarde Romeo presentouse no parque onde estabamos eu e máis as miñas amigas e díxome:

- Que guapa estas hoxe Xulieta.

- Eu non podo dicir o mesmo de ti – contesteille eu.

- Olle, hoxe que viña de boas vas e me insultas que groseira eres.

- Nopn son groseira e que digo a verdade – dixenlle eu.

- Pois eu creo que para todas as nenas son o máis guapo –respondeume el con fachendosidade.

- Corrixote, para casi todas.

- Entón para quen non son guapo?

- Para min está claro – contesteille eu aínda máis fachendosa

- Ahh, tí, tí non me importas.

Despois de decirme iso marchou e eu quedei un pouco mal pola mentira que me dixera Sabela . O outro día pola mañá eu pregunteille a Sabela :

- Por que me mentiches sobre que eu lle gustaba a Romeo?

- Eu non che mentinn e verdade – respondeume ela extrañada.

- Como que non?, se estiven falando con el e díxome que non lle interesaba.

- Si, dixoche iso?, pois a min dixome todo o contrario.

- Pois eu non che estou mentindo – comenteille eu.

- Eu a ti tampouco. Será el o que nos mente?

- Non o sei pero habra que aberigualo – contesteille eu.

Fomos xunto del e el non nos quixo responder e marchou correndo. A o cabo dunha hora eu tiven clase con el e tiven a sorte de que despois desa clase tocava recreo. Cando tocou o timbre el intentou escapar pero eu pilleino antes de que puidera escabullirse. Cando encontramos a Sabela pregunteille a Romeo:

- Haber4 a cal lle estas mentindo Romeo.

- Ehhhh...........

- Veña fala – dixenlle eu.

- Ehhhhhh........... – volveu dicir el.

- Sera mellor que o deixemos, polo ben que lle ten xa no lo dira el – dixome Sabela.

Ao final deixamolo ir, pero eu non ía quedar con esa duda, porque me había dado conta de que si me gustaba. Ao día seguinte Romeo confesounos de que si que lle gustaba moito e preguntoume se queria saír con el, e...., a que non sabedes que lle contestei..., QUE SI!!!!!!

FANTSIA EN PERIGO

Ola, eu chámome Laura. Fai uns meses meus pais agasalláronme unha cadeliña a que chamei Fantasía. Fantasía é moiii xoguetona e encántalle xogar no xardín. Hoxe saín con ela a pasear. Agora esta no xardín xogando a pelota, voulle dicir que vos saúde:

-FANTASÍA!!! FANTASÍA!!!

-.....

Ui! Aquí pasa algo moi raro Fantasía non esta.. Vou saír a buscala. Despois de dúas horas- jo snif, snif, Fantasía non esta no pobo. Agora que vou facer? Que lle direi aos meus pais? Jo snif, snif, non a atoparei xamais. Xa sei, chamarei aos meus amigos para que me axuden a atopala.

PIIIIIIIII, PIIIIIIIIIIII, PIIIIIIIIIIIII

-Si, diga.

-Ola Ana, son eu Laura.

-A, ola. Que precisas?

-Era só pra saber se podías vir a axudarme a buscar a miña cadela.

-A.., e que... non podo ir teño una comida cos meus pais e non podo ir.

-Non pasa nada. Bueno, chao!!

.-Chao!!

PI,PI,PI, PI,PI,PI.

Bueno vou chamar a Antón.

PIIIIIIIIIIIIIIII,PIIIIIIIIIIIIII,PIIIIIIIIIIIIIII

-Si, diga.

-Ola Antón, son eu Laura.

-A,ola, que precisas?

-Era para ver se me podías vir a axudar a buscar a miña cadela.

-Estou castigado e non podo ir.

-A, bueno non pasa nada, chao!!

-Chao!!!

Bueno xa que non pode vir nadie vou por o pixama snif, snif. Acabo de ver un movemento no cesto da roupa sucia a ver...

- Guau, guau.

-FANTASÍA, estabas ai!!!!!!!

-Guau, guau.

-Jo e eu toda preocupada.

JA, JA, JA, JA.

A SEÑORA BARBY E O ABRIGO DO CORONEL

Ola eu chámome Bárbara. Pero todos os meus compañeiros me chaman Barby. O outro día pasoume algo moi estraño. Pois veredes, e que eu vivo nun pobo moi pequeno. O outro día viu o coronel ao noso pobo porque houbo un problema, que non volo vou a contar, entón todos o fomos a ver e algúns a pedirlles autógrafos. Ata aí todo foi perfectamente, pero todo o malo empezou cando o coronel volveu a súa cidade natal. Pois cando chegou alí deuse conta de que lle faltaba o seu abrigo. Resulta que lle votou a culpa aos dependentes do hotel onde se hospedou. Pero en realidade os dependentes non foran, porque neses días non encontraran nada perdido. O máis curioso fora que a miña nai me regalara unha chaqueta que atopara no centro tirada e pisada, pero ela ma había lavado.Eu pensaba que ma comprara, pero non era así. Eu presumía da miña chaqueta nova cando de súpeto un garda costas me agarrou pola man e me levou a unha limusina. Da limusina pasamos a un helicóptero. Eu preguntaba que facía alí, pero nadie me contestaba. Cando aterramos dinme conta de q estabamos en Florida, a cidade natal do coronel. Logo collemos outra limusina con cristais blindados. Dalí a unha hora a limusina parou diante dunha mansión enorme de catro ou cinco pisos. Os garda costas conducíronme ata o grande portalón que había diante da mansión. Tocaron ao timbre e dixeron algo así:

- “Tenemos a la ladrona”

- Eu non entendía nada, xa que eu non roubara nada. Nese mesmo momento abriron o portalón e obrigáronme a entrar. Cando chegamos a porta da mansión vin que o coronel me estaba agardando na entrada.

-Buenos días señora.

- Bos días, e chámeme Barby.

- Muy bien señora Barby, me quiere devolver mi abrigo por favor.

-Como que o seu abrigo?!, este abrigo atopouno miña nai tirado no centro e deumo.

- Muy bien como usted quiera, pero ese es mi abrigo, me lo devuelve si es usted tan amable.

- Home se con iso consigo saír de aquí e que me leven para a miña casa, pois toma.

-Muchas gracias ahora mis guardias le llevaran otra vez a su hogar, que tenga usted un buen día.

Dalí a dúas horas cheguei a casa e o primeiro que fixen foi chamar a miña nai e contarlle toda esta historia, e ela partiuse de risa

O MACACO DO RABO CORTADO

Había unha vez un macaco que se chamaba Rodolfo. Rodolfo tiña unha cousa peculiar o que pasaba e que non tiña rabo. O día do seu quinto cumpreanos Rodolfo deuse conta de que el non podía colgarse nas árbores como os seus amigos, intentouno, pero caeu ao chan. Ao día seguinte preguntoulle a nai:

-Mama por que eu non podo columpiarme nas árbores como os meus compañeiros?

-Cariño e que ti non tes rabo- contestoulle a nai.

-E por que non teño rabo?

-Non o sei, os humanos leváronte a un sitio e cortároncho, pero non sei por que- comentoulle a nai.

-Pois penso averigualo- díxolle o macaco.

Ao día seguinte o macaco comentoullo aos seus amigos para ver se lle axudaba e eles dixéronlle que si. Así comezou a aventura do noso amigo. Según o noso macaco primeiro tiñan que lograr escapar daquela inmensa xaula. Cando lles viñeron a dar de comer Rodolfo e a súa pandilla chamada os macacos da xungla, escaparon, por que o persoal do zoo habían deixado a porta da xaula aberta. Todos os oficiais correron detrás dos macacos da xungla, pero non lles valeu de nada. Os macacos habían conseguido o seu primeiro obxectivo: escapar da xaula. Despois dun bo rato correndo dixo Rodolfo:

- Agora só temos que chegar a onde levan os bebés recentemente nacidos.

- Si, pero... como chegamos ata alí?- preguntou un dos amigos.

-Aínda non o sei pero xa o descubriremos- contestou o macaco.

Os macacos intentaron coarse no despacho do dono do zoo, pero non puideron porque por, pouco os collen. Tamén tiñan moita fame, pero como non sabían o que facer recurriron a roubar comida,a xente que visitaba o zoo.Os amigos intentaban descubrir aber que animal estaba preñado. Pero tiveron a mala sorte de que ningún animal estaba preñado, entón dixo o noso macaco:

- XA ningún animal está preñado tendremos que recorrer ao plan B “FACERNOS PASAR POR BEBÉS”

.como facemos iso?- preguntou un dos macacos.

- Non o sei pero xa o aberiguaremos.

Os macacos pensaron, pensaron e pensaron pero tomaron a conclusión de que xa eran “moi maiores” para facerse pasar por bebés. Ao día seguinte Rodolfo díxolle ao señor hipopótamo:

- Señor hipopótamo, mirou vostede o fermosa que esta hoxe a señora hipopótamo.

- Si,pero a que ven iso agora?- preguntoulle o señor hipopótamo.

- É que ... non lle gustaría ter un bebé con ela?- díxolle Rodolfo con esas intencións.

- Non pequecho, non eu xa son moi velliño para ter máis fillos.

- Ooooh, que pena.

Entón foi a xunta o señor babuíno e díxolle:

- Viu vostede que guapa está hoxe a señora Babuíno?

- Si, e que a miña muller sempre foi moi fermosa.

- E... non lle apetece ter un fillo máis con ela- preguntou de novo Rodolfo.

- A min si que me gustaría, pero xa son demasiado vello para eses trotes meu fillo.

- Ooooh, que pena.

E así lle foi preguntando todos os animais: as xirafas, aos tigres, aos leóns, aos canguros, aos pingüíns, aos guepardos,etc.

Ata chegar as cebras a quen lle preguntou:

-Señorito Cebra,mírache que mona está hoxe a señorita Cebra?

-Si, ela sempre foi moi, moi fermosa.

-E... non lle apetecería ter un fillo, o teu primeiro fillo con ela.

-Si preguntareillo a ela mesma.

-Ben!!!!-dixo o macaco para el.

E así foi ao cabo de nove meses naceu unha pequena cebriña. Os macacos seguiron a señorita que levaba a pequeniña nos brazos, pero ela deuse conta e entón colleunos en brazos e dixo:

-Anda!! Se este é o macaco ao que lle cortamos o rabo por ser tan bonito e educado.Vouno levar a el e a os outros para a súa xaula.

Ao chegar a xaula o pequeno macaco contoullo todo a súa nai, e esta meteulle o castigo da súa vida.

FIN

O CLUB DA CALCETA

Había unha vez catro nenas, unha chamabase Lirio, outra Sabela, outra María e outra Laura. As catro nenas formaban un club: “O Club da Calceta”. Nese club o que facían era calcetar. Un día pola tarde quedaron para calcetar, e María chegara media hora tarde e entón díxolle Laura, que era a xefa:

- Por que chégache tan tarde?

- E que tiven que ir ao médico- contestou María.

- Ah, bueno - contestoulle Laura.

- E... a que ven iso? – preguntoulle María toda estrañada

- E que se fora porque non te deches conta, expulsaríate do “Club da Calceta”.

- Iso se estiveramos todas de acordo – díxolle Lirio medio molesta.

- Bueno si pero conta máis o meu voto que o voso- comentou Laura moi fachendosa.

-Aquí conta o voto de todos por igual! Que o saibas- dixo Sabela enfadade.

- Iso, e se non che gusta marchamos deste club – respondeu María moi, moi enfadada.

- Po... po... pois marchade – dixo Laura case chorando.

As tres amigas saíron chorando do recinto. Laura había quedado chorando naquel recinto, sentíase moi mal despois de haberlle dito iso as súas amigas. Al día siguiente María, Lirio e Sabela andaban xuntas, pero tristes polo que había pasado o día anterior. Laura andaba sola, tamén estaba triste, pero cando pasaba por diante das outras tres amigas facíase a feliz e a orgullosa sen elas. Sabela tivo que ir a casa de Laura a buscar a súas cousas de calcetar, cando Laura lle abriu a porta estaba e chorando Sabela preguntoulle:

- Que che pasa?

- Nada non te preocupes,pero a que viñas?- preguntoulle Laura con aires fachendosos.

- Eu viña a buscar os meus utensilios de calcetar – contestoulle Sabela.

- A si, toma aquí os tes.

- Bueno pois chao – despediuse Sabela .

- Chao – contestoulle Laura.

Sabela volveu coas súas amigas para iren a calcetar. Todas as amigas menos Laura pasárono xenial.

A nai de Laura estaba moi preocupada polo triste que estaba e díxolle:

- cariño, porque non probas a pedirlles desculpas?

- Vale.. intentareino – contestoulle Laura.

Ao día seguinte Laura pediulle desculpas as súas compañeiras, todas as aceptaron e prometeron non volver a pelexarse nunca máis. Así cada tarde as nenas vólvense a xuntar para calcetar e volveron a formar “O Club da Calceta”.

FIN

jueves, 27 de mayo de 2010

OBRAS DE TEATRO

Título: Romeo y Julieta
Director: Franco Zeffirelli
Ano:1968
Actor que fai de Romeo: Giovanni Amanti
Actriz que fai de Xulieta: Verona


Título: Romeo i Julietta
Director: Lev Arnshtam y Leonid Lavrovsky
Ano: 1955
Actor principal: Juri Zhdanov
Actriz principal: Glina Ulanova

Título: Montoyas y Tarantos
Director: Vicente Escribá
Ano: 1989
Actor principal: Sancho Garcia
Actriz principal:Cristina Hoyos

Titulo:West Side Story
Director: Jerome Robbins e Robert Wise
Ano:1961
Actor principal: George Chakiris
Actriz principal:Natalie Wood

Titulo: Bollywood Queen
Director: Jeremy Wooding
Ano: 2002
Actor principal: Ray Panthak
Actriz principal: Preeya Kalidas

jueves, 13 de mayo de 2010

GONZALO MOURE

Nacido en Valencia en 1951.
Estodou Ciencias Políticas na Universidade Compostelana de Madrid.
Traballou como periodista entre 1973 e 1989.Fundamentalmente na radio. Deixouno e está sendo director dunha emisora de radio. Taménna prensa, prensa especializadana música popular, na televisión (como guionista) e publicidadeç8como creativo).
Escribe dende 1989 . Primeiro libro publicado Geranium, 1991 (Alfaguara). Actualmente dispoñible en Alianza Editorial, reeditado en 2005.
Imparte charlas en bibliotecas, clubes de letura, colexios e institutos.
Intervénen diversos congresos de Literatura Infantil e Xuvenil en España e fora dela.

Algúns dos seuslibros son:
Son un cabalo,
Palabras de Caramelo,
Obico do Sahara,
Lili liberdade,
Eu, que matei melancolía ao pirata Francis Drake,
Os cabalos do meu tío,
O sindrome de Mozart,
Maito Panduro,
tuva.

obra de teatro "BICOS CON LINGUA"

Bicos con lingua é unha obra de teatro patrocinada por a compañía de teatro chamada "Talía teatro".
É un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega.
Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da súaEspectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega.
A min pareceume
unha obra moi graciosa
e moi interesante
formada por varios
sketch. A obra durou
uns 50 min. Foi moi
divertida dende o
primeiro momento.
o sketch que máis me
gustou foi o primeiro,
no que aparecian duas
nais cos seus fillos e
estan a falar dos seus
fillos maiores que
suspenderon galego.
Despois acaban tendo
un lio cos seus fillos
pequenos e danse un
golpe moi grande. Os
outros sketch tamén
me gustaron moito
pero o que máis foi
ese. Aínda que tamén
me gustou o sketch que aparece nesta imaxe, porque acaba estoupando unha barra de confetí e me asustou moito. E isto é todo o que teño que contar sobre esta marabillosa obra de teatro.





FIN

jueves, 6 de mayo de 2010

UXÍO NOVONEYRA

A persoa que se ía converter no poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro de 1930, na aldea Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. En 1945 trasladouse a Lugo. Tivo unha relación persoal cunha poeta chaomada María Mariño Carou ata morte desta en 1967. Fixo a carreira de Filosofía e Letras en Mdrid de 1949 a 1951. Comezou a escribir as suas obras en castelán. En 1952 volve a Galicia para facer a súa carreira militar. Durante unhas vacacións no ano 1952 o autor inspirase para escribir en galego. No período entre 1962 e 1966 traballa na radio e na televisión, sempre en programas relacionados coa poesía. En 1971 morre o seu pai e dous anos despois a sua nai. En 1968 coñece a Eva Rey coa que casou e tivo tres fillos. en 1999 morrera con uns recordos dunha gran vida as suas costas.
Oseu alcume é Bichoguizo.
Agunhas das suas obras son:

Os eidos (1955)
Muller pra lonxe (1987)
O cubil de Xabarín (1990)
Tempo de elexía (1991)
Gorrión e Cbezón (1992)
Dos soños teimosos Noitarenga (1998)
Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998)

E un dos seus poemas di así:

LETANÍA DE GALICIA
GALICIA digo eu un di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
ata os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da dor chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

Libre pra serbir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmanciña
GALICIA viva inda

Recóllote da TERRA estas moi fonda
récollote do POBO estas nel toda
recóllote da HISTORIA estas borrosa

Recóllote i érgote no verbo enteiro
o verbo verdadeiro que fala o pobo
récollote pros novos que ven con forza
pros que inda non marcou a malla de agora
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa.

Sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa.

domingo, 2 de mayo de 2010

O MEU TESOURO VIVO

O meu tesouro vivo é miña nai. Ela foi quen me ensinou a falar galego dende un principio. Ainda que meu pai falara castelán ela sempre galego. Entre ela e as súas irmánsaprendéronme o que sei. Agora ensínanme ne escola, pero antes só me ensinaba ela. Agora non me acordo de cando era pequena, pero sei que se ela non me ensinaragalego agora tería moitas dificultades para aprendelo e para entenderme cos demais que falan galego. Na escola só temos unha hora qo día de galego, pero na miña casaé practicamente todo o día, así é como se aprende máis. E por iso aprecio tanto o galego, aínda que se fale enmoi poucos sitios do mundo. Pero penso que é moi importante para nos entendelo e sabelo falar.




FIN

jueves, 29 de abril de 2010

A PANTASMA DO CASTELO ABANDONADO

Hola eu chámome Anastasia. Tño un club chamado "Os Quitamedos", chamámonos así porque non lle temos medo a nada. Bueno, nada, nada... o que se di nada, non porque aínda non exploramos o castelo abadonado que hai na cidade, e que din que alí viveunha pantasma e nos creemos que iso é certo. Nos temos pensadoexplorala, iso si, cando desaparezaa pantasma, pero os nosos paisdin que a pamntasma non desapareceranunca. Hoxe na escola , Antonio, que éque é o rapaz que peor me cae no mundo, retounos a que non eramos capacesde pasar unha fin de semana no castelo abandonado e eu díxenlle que si que eramos capaces, pero non estabamos seguros de que iso era verdade, porque eu, que son a líder, son moi rápida contestando e non penso moi ben as cousase creo que a chafei. Pregunteillo aos meus pais, e eles dixéronme que xa o pensarian, que iso significa que o máis probable é que non. Comenteillo aos meus compañeiros e eles dixéronme que si que os deixaban ir. Eu prometinlles que ía a estudiar moito para aprobar e que me deixasen ir, pero iso non sei se o vou poder facer, porque para min estudiar é moi di fícil xa que me distraio moito. Eu intentei estudiar, pero non puiden, pero inda así aprobei todas e puiden ir ao castelo abandonado. O vernes pola tarde reunímonos o club "Quitamedos" e eu levei unha cámara para que se puidera demostrar que nos estivéramos alí, para que non pensaran que non pasáramos alí a fin de samana. Cando entramos alí montamos as tendas de campaña, para poderdurmir. Alfredo , que era un dos do meu club, tiña moito medo polo conto do pantasme deste castelo. Eu díxenlle que se calmara que iso só era un conto para asustarnos. Esa noita durmimos bastante ben, pero tíñamos un pouco de medo. A mañá seguinte Paulo, que era outro dos do meu club, viu como algo se movía, e a todos nos entrou un pouco de medo, pero inda así ddecidimos quedar alí xogando as cartas, pero de repente vimos unha cousa blanca moverse, pero pensamos que eran imaxinacións nosas, aínda que eu sabía que era unha pantasma, pero non lles dixen nada, porque sabía que se llo decía ían saír de alícorrendo. Cando foi hora de comercomemos e despois botamos a sesta, pero nese momento no que nos durmíamos ocorreu algo moi estraño, un prato desaparecera. Eu díxenlles que seguramenta fora un rato, pero en realidade fora a pantasma.Cando todos xa se foran a durmir, eu quedei esperta para falar ca pantasma e dicirlle porque nos estaba molestando. Pois foi esa noite cando falei ca pantasma, e así foi a nosa conversación:
-Pantasma, que queres de nos?
- En primeiro lugar eu chámome Amelia, e en segundo lugar, esta é a miña casa!!!!!!- díxome ela, perdón, Amelia.
-Bueno, xa sei que sta é a túa casa, pero... non nos podías deixar de asustar??- pregunteille eu.
Si, pero a min gústame asustarvos- contestoume ela.
-Por unha fin de semana podías parar de asustarnos, por favor- pedínlle eu.
- Non quero.
-Por favoor.
-Bueno vale por esta vez non vos asustarei- contestoume Amelia.
E así foi como saímos dalí. Antonio tragouse as súas palabras e tamén o impresionei. Tamén intentou pasar alía a fin de semana seguinte, pero ao primeiro día escapou dalí correndo. E eu rinme moito "ji, ji, ji".



FIN

jueves, 22 de abril de 2010

REFRANS EN GALEGO SOBRE A VELLEZ

A vellez non ten cura
e a mocidade pouco dura.

Quen non tivo cariño da avoa
non sabe o que é a cousa boa.

Criada por avoa, nunca é boa.

Deixemos os avós e sexamos nós bos.

Neno criado por avó, nunca é bo.


O que non sabe dos mimos do avó, non sabe o que é bo.